A Arnoia camíñase. O Concello sinalizou tres rutas circulares que saen e regresan ao pobo, cada unha co seu carácter: a Fluvial e do Camiño-Miñoto xunto ao Miño —que pasa por diante da pensión—, a das Fontes e Lavadoiros pola etnografía da auga, e a Monumental Curta, un paseo polo patrimonio. Descarga o folleto de cada unha, co seu mapa e os seus puntos de interese.