Aloxamento · Loft · para parellas

O Refuxio

Espazo aberto · deseño moderno · para 2
O aloxamento

O Refuxio

O máis pequeno e o máis exclusivo dos tres. Un loft dunha soa peza, aberto e moi luminoso, pensado para dous: a cociña, o salón e o dormitorio comparten espazo e luz, sen tabiques que corten as vistas.

E as vistas son o motivo do nome. Desde aquí vense os viñedos en socalcos e o pobo enteiro, e á última hora da tarde o val ponse dunha cor que non sae nas fotos. Un refuxio, no sentido literal: o sitio onde un se abriga do ruído.

  • Espazo diáfano
  • Para 2 persoas
  • Deseño moderno
  • Moita luz natural
  • Ideal para parellas
  • Escapada romántica
Pozas termales a orillas del río Miño, en Ourense
Servizos
Todo o da casa, e máis
Cociña totalmente equipada
Cociña de leña tradicional
Calefacción
WiFi / Internet
Televisión
Lavadora e secadora
Gran xardín común
Gran piscina desbordante

Ficha técnica

Capacidade
2 persoas
Distribución
2 prazas en cama de matrimonio
Cuartos
1
Baños
1
Superficie
34,38 m²
Entrada e saída
Desde as 16:00 · ata as 11:00
Estadía mínima
1 noite

Berce de viaxe gratuíto (1 por casa, non ocupa praza). Saída tardía dispoñible como extra (40 €).

Consulta datas e reserva

Reservamos O Refuxio?