Aloxamento · Casa · 5 prazas

A Peneda

3 habitacións · gran salón comedor
O aloxamento

A Peneda

A vivenda máis ampla de Bicotorto: tres habitacións e un gran salón comedor bañado de luz natural. Para familias e grupos que queren compartir mesa e sobremesa sen renunciar ao espazo.

Por que se chama así. Peneda é, en galego, unha pena grande ou un terreo de rocha. E A Peneda é un paraxe real deste mesmo concello, a uns tres quilómetros, no límite con Cartelle: un sobreiral sobre as rochas que lle dan nome tamén ao encoro do río Arnoia. Chégase a pé ou en bici, e paga a pena a camiñada. A casa leva o seu nome porque diso vai este val: pedra, auga e árbore.
  • 3 habitacións
  • Ata 6 persoas (a 6.ª, 15 €/noite)
  • Gran salón comedor
  • Moita luz natural
  • Cociña totalmente equipada
  • Para familias e grupos
Copa de vino blanco de la Denominación de Origen Ribeiro
Servizos
Todo o da casa, e máis
Cociña totalmente equipada
Cociña de leña tradicional
Calefacción
WiFi / Internet
Televisión
Lavadora e secadora
Gran xardín común
Gran piscina desbordante

Ficha técnica

Capacidade
5 persoas
Distribución
5 prazas en tres cuartos (dous dobres e un individual) + 1 cama supletoria (15 €/noite)
Cuartos
3
Baños
2
Entrada e saída
Desde as 16:00 · ata as 11:00
Estadía mínima
1 noite

Berce de viaxe gratuíto (1 por casa, non ocupa praza). Saída tardía dispoñible como extra (40 €).

Consulta datas e reserva

Reservamos A Peneda?