Experiencia · Viño

Catas e enoturismo

Cata a treixadura e o viño tostado a pé de viñedo.

Estás no corazón da D.O. Ribeiro, a denominación de viño máis antiga de Galicia. Organizamos visitas a adegas e catas comentadas das castes autóctonas —treixadura, godello, loureira— e do singular viño tostado, un doce natural que é unha xoia da comarca.

O que inclúe
  • Visitas a adegas da DO Ribeiro
  • Catas comentadas
  • Treixadura, godello e tostado
  • Grandes adegas e colleiteiros
  • A pé de viñedo
  • Moitas veces co elaborador

Desde grandes cooperativas ata pequenas adegas familiares, moitas requiren reserva previa: encargámonos de concertar a visita que mellor encaixe coa túa estadía, e de recomendarche a Ruta do Viño do Ribeiro.

Ruta do Viño do Ribeiro ↗

Deseñamos a túa experiencia á medida