A Arnoia · Sendeirismo

Rutas de A Arnoia

Tres percorridos oficiais sinalizados para descubrir o municipio a pé: o río, a auga e a pedra.

A Arnoia camíñase. O Concello sinalizou tres rutas circulares que saen e regresan ao pobo, cada unha co seu carácter: a Fluvial e do Camiño-Miñoto xunto ao Miño —que pasa por diante da pensión—, a das Fontes e Lavadoiros pola etnografía da auga, e a Monumental Curta, un paseo polo patrimonio. Descarga o folleto de cada unha, co seu mapa e os seus puntos de interese.

Rutas oficiais sinalizadas do Concello da Arnoia. Tamén integran, na súa parte xacobea, o Camiño Miñoto-Ribeiro.
Consulta sempre a sinalización sobre o terreo e as condicións meteorolóxicas antes de saír.
Prefires pedalear? Temos eBikes