Unha das maiores romarías gastronómicas de Galicia, declarada Festa de Interese Turístico Nacional. O protagonista é o polbo á feira, servido masivamente no Parque Municipal do Carballiño polas polbeiras, con música de charangas e festival folclórico.
Unha excursión dun día imprescindible para os amantes da gastronomía, a menos dunha hora da pensión.