COOKIES

Política de Cookies

Unha cookie é un pequeno arquivo que unha web garda no teu navegador. Serve para lembrar cousas entre unha páxina e a seguinte. Esta política explica exactamente cales usa bicotorto.es, quen as pon e canto duran.

Mentres non aceptes, este sitio non instala ningunha cookie de medición. Só se garda unha cookie técnica cando tomas unha decisión, precisamente para lembrar cal foi.

As cookies que usamos

CookieQuen a ponPara queCanto duraTipo
bt_ccBicotorto (propia)Lembrar se aceptaches ou rexeitaches as cookies analíticas, para non volver preguntarcho.1 anoTécnica. Non precisa consentimento
_gaGoogle Ireland Ltd. (terceiro)Distinguir visitantes para contar canta xente entra e que páxinas le.2 anosAnalítica. Só se aceptas
_ga_HJ872PVT8TGoogle Ireland Ltd. (terceiro)Manter o estado da sesión de Google Analytics 4.2 anosAnalítica. Só se aceptas
wordpress_logged_in_…
wp-settings-…
Bicotorto (propia)Só se instalan se alguén do equipo entra a administrar a web. Un visitante nunca as recibe.Sesión / 1 anoTécnica. Non precisa consentimento

Un píxel de medición que non é unha cookie

Ademais das cookies, cargamos un píxel de Metricool (tracker.metricool.com), unha imaxe dun píxel que usamos para medir a audiencia xunto coas nosas redes sociais. Non instala ningunha cookie —comprobámolo—, pero ao cargarse transmite a Metricool o teu enderezo IP, o navegador e a páxina desde a que se pide.

Por iso tratámolo coma se fose unha cookie analítica: só se carga se aceptas. Se rexeitas, non se pide nunca.

Como aceptar, rexeitar ou cambiar de opinión

Ao entrar por primeira vez verás un aviso abaixo con dous botóns. Podes cambiar a túa decisión cando queiras e coa mesma facilidade, aquí mesmo ou desde a ligazón «Preferencias de cookies» que hai no pé de todas as páxinas.

Se retiras o consentimento, ademais de deixar de medir, borramos as cookies de Analytics que xa estivesen no teu navegador.

As túas preferencias
Agora mesmo .

Borralas desde o navegador

Tamén podes borrar ou bloquear cookies desde a configuración do teu navegador: Chrome, Firefox, Safari ou Edge. Ten en conta que bloquear todas as cookies pode afectar ao funcionamento do buscador de dispoñibilidade.

Transferencias fóra da Unión Europea

Google Analytics é un servizo de Google Ireland Ltd., que pode tratar datos en Estados Unidos ao abeiro do Marco de Privacidade de Datos UE-EE. UU. Metricool é unha empresa española (Metricool Software S.L.), con tratamento na Unión Europea.

Cambios nesta política

Se cambiamos as ferramentas de medición, actualizaremos esta táboa. A última revisión é do 8 de setembro de 2026.